19 jun 2009

3ª SUBIDA ROCAS - O EIRADO

Domingo 12 de Xullo de 2009
ORGANIZA: Concello de Esgos e Asociación de Veciños de Lobaces

PROVINCIA: Ourense

NOME DAS PROBAS:
  • Carreira de montaña: "3ª SUBIDA ROCAS - O EIRADO"
    Carreira: CAMPIONATO GALEGO DE MONTAÑA
  • Andaina: 3ª Andaina Popular Concello de Esgos

SAÍDA:
Praza da Souteira. Esgos (diante a casa do Concello).
  • Andaina: 09.30
  • Carreira: 09.45
  • As 08.30 comezarase a repartir os dorsais

CHEGADAS:
  • Carreira: O Eirado
  • Andaina: Esgos

DISTANCIA:
  • Carreira: 13 Km.
  • Andaina: 21 Km.

PERCORRIDO DA ANDAINA
  • Este ano a andaina discorrerá en sentido contrario a carreira
  • Sairemos da Praza da Souteira [582m.] (fronte a casa do concello) e dirixirase ao pobo de As Meiroás.Avituallamente líquido
  • Iremos cara o pobo de Pardeconde. Avituallamente líquido
  • De Pardeconde subiremos a Virxe do Monte[962m.](punto máis alto da andaina). Avituallamente líquido e sólido
  • Baixaremos a Esgos polo mesmo percorrido por onde subiu a carreira, pasando polos pobos: Arcos, Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Meiroá.


PERCORRIDO DA CARREIRA
  • Saída da Casa do Concello de Esgos [582m.]
  • Subida ás piscinas, descenso ó pobo de Meiroá e Calsomiro (pola ruta de sendeirismo "CAMIÑO REAL". Homologada PR-G4)
  • Subida ata o Peto das Ánimas; tramo de descenso e de novo ascenso ata o Mosteiro de San Pedro de Rocas. Avituallamente líquido
  • Subida ata a estrada asfaltada
  • Tramo de 200m. pola estrada de asfalto e novo camiño que nos leva ó pobo de Arcos. Avituallamente líquido
  • Saida de Arcos en dirección a Gomariz pola estrada asfaltada
  • No primeiro desvío á dereita (a 300 metros do pobo) polos camiños da ruta "CAMIÑO NATURAL DA RIBEIRA SACRA" dirección Virxe do Monte [962m.] Avituallamente líquido
  • A proba finalizará no Eirado. Avituallamente líquido e sólido.

Fichero KML aqui
Toda la información aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Noticias

Loading...